As cámaras de comercio de Galicia, co apoio económico do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e da Xunta de Galicia, puxeron en marcha o Programa InnoCámaras. Ten o obxectivo de darlles a coñecer ás pemes a importancia da cultura da innovación como ferramenta necesaria para mellorar a competitividade.
O próximo 22 de xullo terá lugar en Ferrol o Foro da Innovación. Un espazo que che permitirá coñecer as posibilidades de innovación no teu sector. Terás información de empresas que obtiveron maiores beneficios cambiando a súa forma de pensar, disporás do asesoramento de expertos, poderás acceder á Biblioteca da Innovación e recibirás a orientación e o apoio das cámaras para adoptar calquera iniciativa innovadora no teu negocio.